Racine carrée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Racine carrée
Álbum de Stromae
Gravación2013
Duración46:04
Xénero(s)Música house, electrónica e dance-pop
Selo(s)Vertigo, Casablanca, Republic, Island France, Mosaert
Producido por
Cronoloxía
Cheese
(2010)
Racine carrée Multitude
(2022)

Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como ) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90. O álbum, gravado nun ático, explora temas tan diversos como a alienación das redes sociais, asuntos de parella, a discriminación, os cigarros e o cancro de pulmón, a SIDA e figura do pai ausente. Racine carrée recibiu a aclamación da crítica e Stromae conseguiu comparacións co artista Jacques Brel.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. Sin título  Stromae 2:56
2. "Papaoutai"  Stromae 3:52
3. "Bâtard"  Stromae 3:28
4. "Ave Cesaria"  
  • Stromae
  • Orelsan
4:09
5. "Tous les mêmes"  Stromae 3:33
6. "Formidable"  Stromae 3:33
7. "Moules frites"  Stromae 2:38
8. "Carmen"  
  • Stromae
  • Orelsan
3:09
9. "Humain à l'eau"  Stromae 3:59
10. "Quand c'est?"  Stromae 3:00
11. "Sommeil"  Stromae 3:38
12. "Merci"  Stromae 3:54
13. "AVF" (featuring Maître Gims e Orelsan)
  • Stromae
  • Maître Gims
  • Orelsan
3:44