Rabioso
Rabioso | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Individuo vivo de Glycymeris glycymeris co perióstraco | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Glycymeris glycymeris' |
O rabioso (Glycymeris glycymeris, Linnaeus 1758) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Gliciméridos (Glycymerididae), da orde Arcoida.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Ten unha cuncha netamente circular, sólida, equivalva, que mide uns 6,5 cm de diámetro. Presenta liñas de crecemento concéntricas moi finas. Na charnela ten dúas filas de 6 a 12 dentes en cada valva.
A cor é branca sucia pero mostra numerosas liñas castañas en zigzag, irregulares e distribuídas por toda a superficie. O interior é branco ou marrón, sen mostrar a marca do seo paleal.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Vive na franxe infralitoral ata profundidades de 100 metros, en fondos de area.
Distribúese na costa europea do Atlántico e no Mediterráneo.
Interese pesqueiro e comercial
[editar | editar a fonte]É un molusco pouco apreciado, de carne dura, que só se utilizaba para conservas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rabioso |