Raúl Anganuzzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raúl Anganuzzi
Nacemento20 de xullo de 1906
 Arxentina
 Arxentina
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Raúl Anganuzzi, nado o 20 de xullo de 1906 e do que se descoñece a data do pasamento, foi un tirador de esgrima arxentino, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1928 celebrados en Ámsterdan como parte do equipo de florete arxentino xunto con Roberto Larraz, Luis Lucchetti, Héctor Lucchetti e Carmelo Camet como suplente.[1] Na primeira rolda competiu con Bélxica, España e Noruega vencendo nos tres combates. Pasou nunha vitoria axustada os cuartos de final fronte aos Estados Unidos e doadamente aos Países Baixos. Na semifinal venceu a Hungría pero na seguinte fase perdeu con Francia facéndose o equipo arxentino coa medalla de bronce, a única medalla olímpica que logrou arxentina en esgrima.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amsterdam 1928 part 2" Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., Amsterdam 1928, Olympic results, Wyniki igrzyzk olimpijskich Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]