Raúl Álvarez Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raúl Álvarez Gómez
editar datos en Wikidata ]

Raúl Álvarez Gómez, nado en Vigo cara 1914 e finado en Xixón o 16 de febreiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro en Vigo. Na República militou no Partido Comunista de España. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero pouco despois foi mobilizado coa súa quinta polo exército sublevado. Destinado ao Rexemento Mérida 35, na fronte asturiana pasouse ao exército leal e integrouse no Batallón 213; loitou nas frontes de Vizcaia e Asturias. Coa derrota republicana no Norte, foi feito prisioneiro e sometido a un consello de guerra en Xixón o 17 de xaneiro de 1938. Acusado de rebelión militar, foi condenado á pena de morte e executado o 16 de febreiro dese ano. En xaneiro de 1941 o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña sancionouno cunha multa de 100 pesetas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 29-3-1940. p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]