RTP HD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
RTP1 HD
RTP HD 2016 (Reduced Version).svg
Inicio das emisións 30 de setembro de 2009
Propiedade de Goberno da República Portuguesa
País Portugal Portugal
Lingua portugués
Área de emisión Portugal
Sede central Lisboa

RTP1 HD ou RTP HD é un canal de televisión en alta definición con emisión nas plataformas de pago en Portugal e na TDT de Portugal, aínda que as súas emisións están en probas, na frecuencia da TDT número 56.

Iniciou as emisións no verán de 2008 para emitir os Xogos Olímpicos de Pequín. Non emitiu nada máis nese ano.

No 2009, volveu para retransmitires os once xogos de fútbol da UEFA Champions League.

En 2010 transmitíu a 1ª e 2ª media final, así como a final do Festival RTP da Canção 2010. Transmitíu, tamén, os xogos do Campionato Mundial de Fútbol FIFA 2010,e en exclusiva para o MEO transmitiunos con opcións interactivas que permitían seguir un xogador ou adestrador dun equipo e tamén ver o resumo do partido. Tamén retransmitíu a serie portuguesa de investigación criminal Cidade Despida, sendo a primeira serie portuguesa en ser retransmitida en HD.

O 27 de agosto de 2011 transmitíu en HD a Supercopa de Europa e en outubro os xogos de clasificación da selección portuguesa para o Euro 2012.

Transmitíu os xogos de Portugal do Euro 2012 e de seguida os Xogos Olímpicos de Londres.

A RTP aínda non ten decidido o futuro deste canal. Non se sabe se será máis un canal temático da RTP (como a RTP Informação e RTP Memória) con programación propia, ou se chegará definitivamente a estar na grella da TDT de Portugal, ou se transmitirá contidos en simultaneamente dun ou máis canais da estación, en alta definición. Non se sabe aínda se a RTP1 HD ou RTP HD se será 2 nomes para o mesmo canal ou dous canais en HD.

Novidades, só despois de 2017 (segundo o sitio anacom.pt) se saberá se haberá e cando: máis canles, mellor cobertura, a adopción do sistema DVB-T2 etc.

Este canal emite en alta definición a RTP 1, mais por veces pode emitir outros canais da RTP ou ter algunha programación propia.

O portugueses quéixanse que este canal, como tamén a RTP Informação e RTP Memória, que só están dispoñibles nos operadores de televisión de pago, deixando para atrás a Televisión Dixital Terrestre. Proba diso foi a RTP ter rexeitado na súa oferta da PT para emitir os Xogos Olímpicos de Londres no canal HD da TDT, por unha cuantía simbólica.