Televisión Dixital Terrestre en Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Televisión Dixital Terrestre en Portugal.

A Televisión Dixital Terrestre en Portugal é considerado un servizo público de radio e televisión en Portugal de titularidade do Estado. A súa xestión faise de forma direta polo propio Estado e dun xeito indirecto, a través das concesión administrativas aos particulares.

  • RTP1 é unha das canles de televisión de Portugal en aberto que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública.
  • RTP2 é segunda canle de televisión da Rádio e Televisão de Portugal. Mux 56, 754 Mhz. Pública.
  • Sociedade Independente de Comunicação, en galego Sociedade Independente de Comunicación, (SIC) é unha canle de televisión de Portugal. Os comezos das súas emisións foron o 6 de outubro do ano 1992 como a primeira canle privada do país. Mux 56, 754 Mhz. Privada.
  • Televisão Independente (TVI), siglas de Televisão Independente (en galego, Televisión Independente) é unha canle de televisión de Portugal. As súas primeiras emisións foron o día 20 de febreiro do ano 1993 como a cuarta canle presente no país. Mux 56, 754 Mhz. Privada.
  • ARTV Canal Parlamento Portugal é a canle que se dedica á retransmisión en directo ou ben en diferido de tódolos eventos da Asemblea da República. Mux 56, 754 Mhz. Sen emisión na actualidade. Pública.
  • RTP3 é unha canle de información que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública.
  • RTP Memória é unha canle temático que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública.
Canle Posición Resolución Mux Propietario
RTP1 1 SD (720x576i)
56
RTP S.A.
RTP2 2 SD (720x576i)
SIC 3 SD (720x576i) Grupo Impresa
TVI 4 SD (720x576i) Grupo Media Capital
ARTV 5 SD (720x576i) Assembleia da República
RTP3 6 SD (720x576i) RTP S.A.
RTP Memória 7 SD (720x576i)

Radio en Portugal[editar | editar a fonte]

A Radio e Televisión de Portugal (RTP) ten tamén tres emisoras de radio: Antena 1, Antena 2 e Antena 3.[1] Ademais, existen tres emisoras privadas, das cales as máis antigas e recoñecidas son Rádio Renascença,[2] Rádio Comercial e Rádio Clube Português.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rádio" (en portugués). Radio y Televisión de Portugal (RTP). Consultado o 3 de abril de 2015. 
  2. "Radio Renascença" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2015. 
  3. Radio Clube Português. "O RÁDIO CLUBE PORTUGUÊS" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]