RIP (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RIP
Yul, guitarrista de RIP, 1986
OrixeArrasate, País Vasco País Vasco
Período1984-2003
Xénero(s)punk rock, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Spansuls Records, Basati Diskak, Discos Suicidas
MembrosMahoma (falecido)
Jul (falecido)
Portu (falecido)
Txerra
Antigos membrosMallabi (voz)
Na rede
Spotify: 43hcpRGVoixpwN4RAqIqTK Musicbrainz: c2f628a4-d547-40d2-a92a-ac7c6c5c06d4 Songkick: 17563 Discogs: 152178 Editar o valor em Wikidata

RIP foi un grupo de punk rock do País Vasco, nacido en Arrasate a comezos dos anos 80.

Historia[editar | editar a fonte]

Provenientes da banda que foi Doble Cero, empezan a reunirse e a crear o concepto de RIP, sendo unha das primeiras bandas de punk que existiron na Península Ibérica, considerándose un dos grupos máis influentes no punk e hardcore de España.

En 1984 sacaron un disco compartido con Eskorbuto, chamado Zona Especial Norte, e non foi até 1987 cando sacaron o seu disco No te muevas. Tamén se identificaban co grupo Zarama.

Pouco despois, sepáranse, mais reuniranse ocasionalmente, como en 1995, data na que dan a luz o disco ao vivo HIESari aurre egiten. Zuzenean, que quere dicir "Facendo fronte á sida. En directo", con case todas as súas cancións e versións doutros grupos ingleses. En 1997 falece Portu; o baixista e voz en "Incorruptible", "Mundo muerto" e "Antimilitar".

Máis tarde participarán no disco tributo a Eskorbuto, Tren con destino al infierno, no ano 2000.

Coa morte do cantante Mahoma en 2003, acaba a historia deste grupo. Algunhas das súas cancións máis populares son "Revolución", "Anti-militar", "Mundo muerto", "Condenado", "Enamorado de la muerte" e "Terrorismo policial".

Foron un dos grupos máis radicais dentro do Rock Radical Vasco.

Integrantes[editar | editar a fonte]

A súa formación foi:

  • Karlos "Mahoma" Agirreurreta ( † falecido): voz (anteriormente Mallabi)
  • "Jul" Bolinaga ( † falecido): guitarra
  • "Portu" Mancebo ( † falecido): baixo
  • "Txerra" Bolinaga: batería

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Primeira maqueta (1983, 4 temas, incluíndo «Brigada criminal» e «Anti-militar»).
  • 12" EP Zona Especial Norte (Spansuls Records, ZENS 45007, 1984). Disco compartido con Eskorbuto. Reeditado en CD por Discos Suicidas en 1991 e 1996 (con temas extra de Eskorbuto).
  • Casete En directo 83-84 (Destruye C.O.M. 001, 1985).
  • LP No te muevas! (Basati Diskak, 8/87). Reeditado en CD canda o EP Zona Especial Norte en 1996 por Discos Suicidas.
  • CD HIESari aurre egiten!! Zuzenean (...Ta Segi Aurrera!!!/Esan Ozenki, 1995). Disco en directo.
  • CD e DVD Punkaren 25 Urteko Historia Bizia. Historia viva del Punk (Goiena-Hotsak, 2006).

Participacións en recompilatorios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]