Río Macquarie, Tasmania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Río Macquarie (en palawa kani: tinamarakunah[1] é o principal río perenne dos Midlands na rexión australiana de Tasmania.

Localización e características[editar | editar a fonte]

O río Macquarie nace en Tooms Lake, preto de Hobgoblin e diríxese até o oeste e logo até o noroeste. Despois, atravesa a vila de Ross e desemboca no río South Esk, preto de Longford. Os seus afluentes son o Tooms, o Blackman, o Elizabeth, o Isis e o Lakerivers[2]. O curso do río presenta unha lonxitude de 189 km.

Tradicionalmente, quen coidaba o val do río Macquarie eran os membros do Tyerrernotepanner, un clan dos Midlands do Norte[3]. Estes eran un pobo nómade que atraversaba o país desde Central Plateau até Eastern Tiers, se ben non hai elementos que nos indiquen que viviran no Val Macquiarie en Ross, no Ellenthorpe Hall, no Glen Morriston ou no Tooms Lake/moyentaliah.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor, John (1996). "Dictionary of Palawa place names". State Library of Tasmania/Riuwanna - UTAS: 72. 
  2. "Macquarie River and South Esk River Catchments". EPA Division. Department of Primary Industries, Parks, Water and Environment. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 16 September 2011. 
  3. Plomley, Brian (1990). Tasmanian Tribes and Cicatrices as tribal indicators among the Tasmanian Aborigines. Launceston, Tasmania: QVMAG. p. 24. 
  4. Kee, Sue (1990). Midlands Aboriginal Archeological Survey. Hobart, Tasmania: National Parks, Wildlife and Heritage Occasional Paper no 28. ISBN 07246 1738 8.