Río Lugomir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Lugomir (serbio cirílico: Лугомир) é un río da Serbia central, de 57 km de longo, tributario pola dereita do río Velika Morava.

Orixe[editar | editar a fonte]

O Lugomir ten a súa orixe en dous cursos de auga, o Dulenska reka e o Županjevačka reka.

O Županjevačka reka é o máis curto, orixínase na cordal de Gledićke, no sur da rexión de Šumadija, o seu nacemento está só a uns 500 m de distancia da fonte do outro curso que dá lugar ao Lugomir, o Dulenska Reka. O río flúe primeiro cara o leste, próximo ás aldeas de Nadrlje, Županjevac, Dragovo e Belušić. Neste punto, o Županjevačka Reka acada o monte Juhor montaña e vira cara o norte seguindo a pendente occidental do Juhor, tras pasar a aldea de Beočić únese ao Dulenska Reka.

O Dulenska reka é o máis longo, 37,5 km, tamén ten a súa orixe nas montañas de Gledićke, concretamente a 793 m no monte Gomila pero flúe cara ao norte. Na aldea de Dulene o río pasa por un encoro, construído con carácter temporal en 1964 pero que aínda está en funcionamento, que crea o lago artificial de Dulene. Despois xira cara ao leste e recibe o Pčelička reka pola esquerda na localidade de Velike Pčelice e atravesa a vila de Rekovac onde o río cira cara ao sur. Nas aldeas de Tečić, Vukmanovac e Loćika, o Dulenska Reka forma un pequeno arco e xira cara ao norte no val estreito sobre a aba occidental do Juhor, axuntándose co Županjevačka reka na localidade de Dragoševac.

Lugomir[editar | editar a fonte]

O Lugomir propio ten 19,5 km de longo. O río segue a dirección nordeste do Dulenska reka, ao longo da cara oeste dao Juhor, e entra na rexión de Pomoravlje. Pasa polas aldeas de Kolare, Bresje e Majur e pola periferia sur da cidade de Jagodina, despois atravésao a autoestrada Belgrado - Niš, e finalmente verte as súas augas no Gran Morava preto da aldea de Ribari.

O Lugomir drena unha área de 447 km²


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.