Río Flamisell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°29′57.08″N 0°59′29.81″L / 42.4991889, -0.9916139 (Font del Flamisell)

Río Flamisell
El Flamisell.jpg
O río Flamisell en Senterada.
PaísEspaña
Altitude1760 msmn
Lonxitude34 km
Caudal medio6,2 m³/s
DesembocaduraRío Noguera Pallaresa

O río Flamisell é un río que flúe pola provincia de Lleida, en Cataluña, e que ten unha lonxitude de 34 km. É afluente do Noguera Pallaresa pola esquerda, que á súa vez é afluente do río Segre.

É un río torrencial, con cambios bastantes bruscos do seu caudal. No seu nacemento, nos Pireneos, dentro do municipio de La Torre de Cabdella, recibe as augas que desaugan de varios estanques pirenaicos (Tort, Mar, Gento, Colomina etc.), nun dos espazos lacustres máis notables de Europa. Discorre pola Vall Fosca, pasa por Cabdella, Espui, La Torre de Cabdella, La Pobleta de Bellveí e Senterada e desemboca no Noguera Pallaresa ao seu paso por La Pobla de Segur.