Río Duero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O río Duero é un río mexicano do estado de Michoacán. O seu nome provén do río Douro ibérico, e foi dado polos habitantes de Zamora que colonizaron a zona, que á súa vez fundaron a poboación de Zamora de Hidalgo.

O río estaba bautizado polos indíxenas como Yorecuahapundanapu. Ten as súas fontes nas montañas da Cañada de Chilchota, dende alí segue até Zamora e acaba desembocando no Lago de Chapala. As marxes do río na localidade de Zamora é moi fértil e aproveitado.