Río Dal
Dal Dalälven | |
---|---|
Formación do Dal en Djurås | |
País | ![]() |
Condado | Dalarna Västmanland Uppsala Gävleborg |
Nacemento | Djurås |
Lonxitude | 541 km |
Caudal medio | 379 m³/s |
Desembocadura | golfo de Botnia |
![]() | |
Conca do río Dal | |
O Dal (Dalälven en sueco) é un río no centro de Suecia que se forma pola confluencia do Västerdalälven e o Österdalälven en Djurås, no condado de Dalarna, e desemboca no golfo de Botnia en Skutskär. O Dal é o segundo río máis longo do país, ten 41 centrais hidroeléctricas na súa conca, e no pasado foi unha importante vía fluvial.
Xeografía[editar | editar a fonte]
As fontes máis setentrionais do río Dal atópanse na zona ao redor do Stor-Våndsjön, un lago que se atopa entre Suecia e Noruega na esquina máis ao norte de Dalarna. O río ten 541 km de longo dende alí ata o mar facendo do Dal o segundo máis longo de Suecia.[1] O Västerdalälven e Österdalälven únense para formar o Dalälven en Djurås, no concello de Gagnef. O caudal medio na desembocadura do río é de 379 m³/s, cun valor máximo de 2 450 m³/s e un mínimo de 40 m³/s. A súa conca fluvial ten unha superficie de 28 954 km².[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sveriges vattendrag" (PDF). SMHI. Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
- ↑ "https://web.archive.org/web/20180928202529/http://www.smhi.se/sgn0102/n0205/lan_haro_huvud.pdf" (PDF). SMHI. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2023. Ligazón externa en
|title=
(Axuda)