Río Castro, ría de Ares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Castro
O Río Castro na ría de Ares.
PaísGalicia Galiza
NacementoCabanas
Desembocaduraría de Ares

O río Castro, tamén coñecido como río Ventín, Dana, dos Frades ou rego de Laraxe[1], é un rego localizado no concello de Cabanas (A Coruña), que no seu curso baixo serve de límite entre o devandito concello e o de Fene.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Coa excepción do río Eume e o río Belelle, o río Castro constitúe o curso de auga máis extenso de Cabanas, así coma o único dos citados que transcorre integramente dentro do seu territorio.

Posee dúas orixes, atopándose a primeira na parroquia do Salto e a segunda no lugar de Relousada, na parroquia de Laraxe, (ambas no municipio de Cabanas), conformando ambas un rego de pequeno tamaño pero de caudal abondo, ao recoller auga de mananciais e brañas dos cumios próximos.

Descende por unha pequena aba na parroquia de Laraxe, e atravesa a N-651, á altura da igrexa de San Mamede, na coñecida coma curva do Gaiteiro e bordea o cemiterio parroquial, para posteriormente formar un pequeno val con fértiles veigas sobre o que transcorre o viaduto da AP-9[2]. Neste intre o río xa formou o seu curso medio, unha vez entrado na parroquia de Porto. O mencionado val e as veigas que rega o río dan nome aos lugares do Val e A Veiga, estando emplazado neste último lugar unha área recreativa e o campo de fútbol municipal[3].

No seu percorrido por esta parroquia, é aproveitado por varios muíños (entre os 34 que en total abastece),[4] entre eles atópanse os do Batán, tralo cal o río recibe o nome de río do Ventín, atravesando un muíño homónimo. A continuación prosegue o seu percorrido ata chegar ao antigo muíño sucursal do Priorado de Porto (actualmente coñecido coma Muíño de Cabada), preto da igrexa de San Martiño de Porto​, onde segundo a tradición oral, recibe tamén o nome de río dos Frades. Continúa atravesando a ponte da estrada AC-122, e prosigue o seu percorrido bordeando a ladeira norte do castro das Modias (de onde se cre que procede o torque de San Martiño), que lle da outra das súas denominacións, para finalizar descendendo por un pequeno val ata desembocar nas augas da ría de Ares, na praia de Río Castro, onde daba servizo a un muíño de mareas coñecido como muíño de Maré[4], actualmente en estado ruinoso, facendo de fronteira natural entre os termos municipais de Cabanas e Fene.

O río Castro bordeando a ladeira norte do castro das Modias, no lugar da Costa, en San Martiño de Porto, Cabanas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "No catastro aparecen recollidos os termos Dama e Río dos Frades". Visor Siotuga (Xunta de Galicia) que permite acceso a toponimia do catastro. Consultado o 13/02/2021. 
  2. "Rego de Laraxe, mapa". Google Maps. Consultado o 13/02/2021. 
  3. "Campo de Fútbol A Veiga en Cabanas". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2021-02-13. 
  4. 4,0 4,1 Radio Fene (2 de novembro de 2020). "De ruta entre Cabanas e Fene". radiofusion.eu. Consultado o 13 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]