Río Abelenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Abelenda
NacementoFonte da Regueira, O Carballal, Tordoia
Desembocadurarío Paradela

O río Abelenda é un río do concello de Tordoia, na provincia da Coruña, afluente do río Paradela. No seu curso baixo coñecese como Río Carballal.

O río nace nos lindes entre Tordoia e Trazo, na Fonte da Regueira baixo a aldea do Carballal. Despois segue cara o noroeste pasando polas parroquias de Vilarbó e Pazos. Entón o río diríxese cara o nordés desembocando no río Paradela tras cruzar Gorgullos.