Quinto Marcio Trémulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuinto Marcio Trémulo
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
306 a. C. – 306 a. C.
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoEarly Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
FillosQuinto Márcio Filipo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

Quinto Marcio Trémulo (en latín, Quintus Marcius Tremulus) foi un maxistrado romano de orixe plebea. Formaba parte da rama plebea da gens Marcia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi dúas veces cónsul co patricio Publio Cornelio Arvina.[1] A primeira no 306 a.C. e a segunda no 288 a.C. No primeiro período dirixiu a guerra contra os hérnicos e os anagnios ós que venceu con facilidade, e logo acudiu en apoio do seu colega fronte os samnitas. Estes, ao velo chegar, atacárono de súpeto para evitar que se unise a Arvina, pero este soubo chegar a tempo no seu apoio e os dous xenerais romanos lograron unha gran vitoria. Arvina quedou vixiando o Samno e Trémulo volveu a Roma, onde celebrou o seu triunfo sobre os hérnicos,[2] e se lle ergueu unha estatua no foro, fronte ao templo de Cástor.[3]

No 288 a. C., Trémulo foi elixido cónsul por segunda vez, unha vez máis con Publio Cornelio Arvina como colega. Descoñecen os feitos do seu mandato porque deste período non se conserva datos da obra de Tito Livio, a principal fonte da historia romana primitiva. Porén, é probable que durante este ano houbese moito malestar popular, xa que, no ano seguinte, se produciu un conflito cos plebeos.[4]

É posible que fose o pai de Quinto Marcio Filipo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tito Livio, Ab Urbe condita, Libro IX, 43
  2. Broughton 1951, p.165
  3. Smith 1867, p. 1172
  4. Broughton 1951, p.185

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Apio Claudio Ceco e
Lucio Volumnio Flama
 

Cónsul da República Romana
xunto con Publio Cornelio Arvina 
306 a. C.

Sucesor:
Lucio Postumio Megelo e
Tiberio Minucio Augurino
Predecesor:
Marco Valerio Máximo Corvino e
Quinto Cedicio Noctua
 

Cónsul da República Romana
xunto con Publio Cornelio Arvina 
288 a. C.

Sucesor:
Marco Claudio Marcelo e
Caio Naucio Rútilo