Quero vivir
| Quero vivir | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||||
|
Actores
Susan Hayward
Raymond Bailey (pt) Wesley Lau (pt) Bartlett Robinson (pt) Joe De Santis (pt) Olive Blakeney (pt) Theodore Bikel John Marley Simon Oakland (pt) John George (pt) | |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Quero vivir (en inglés: I Want to Live!) é un filme de cine negro de 1958 escrito por Nelson Gidding e Don Mankiewicz, producido por Walter Wanger e dirixido por Robert Wise, que conta a historia dunha muller, Barbara Graham, delincuente habitual condenada por asasinato que espera a súa execución. Protagonízaa Susan Hayward como Graham. O filme foi adaptado de cartas escritas por Graham e de artigos do xornalista gañador do premio Pulitzer Ed Montgomery. Mostra unha versión ficcionalizada do caso, amosando a posibilidade da inocencia de Graham.
O filme recibiu seis candidaturas aos premios Oscar e Hayward gañou o premio á mellor actriz.
Foi emitido na TVG o 13 de setembro de 1997.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia da vida e execución de Barbara Graham, prostituta e convicta por perxurio. Graham é o resultado dun fogar roto, e traballa atraendo homes a partidas de cartas amañadas. Nun momento intenta seguir unha vida recta, mais casa co "home equivocado" e ten un neno. El é drogadicto e ela remata coa relación.
Cando a súa vida se derrumba, volve ás súas antigas profesións e vese involucrada cun home que matou unha muller. A policía arréstaos e os seus acompañantes acúsana do asasinato para reducir as súas posibilidades de ir á cámara de gas. Ela insiste na súa inocencia, mais finalmente é executada.
Elenco
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13 de setembro de 1997. Páx. 79