Quenlla de Headington
| Quenlla de Headington | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Material
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Representa a
| |||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||
|
Data de creación
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Altura
| |||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
|
Páxina WEB
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A Quenlla de Headington, denominado no orixinal en lingua inglesa The Headington Shark, é unha escultura localizada no número 2 de New High Street, en Headington, Oxford (Inglaterra). Trátase da representación dunha quenlla ou tiburón plantada no tellado da casa no devandito enderezo.
Características
[editar | editar a fonte]
A escultura, realizada en fibra de vidro polo escultor John Buckley, foi erixida no cuadraxésimo primeiro aniversario da caída da bomba atómica sobre Nagasaki, o 9 de agosto de 1986. Segundo Bill Heine, un presentador da radio local, que aínda é propietario da casa, "o tiburón representa a alguén que se sente totalmente impotente e perfora un burato no teito da súa casa nunha mostra de impotencia, rabia e desesperación... é dicir, simboliza a Campaña para o desarmamento nuclear (CND), a enerxía nuclear, Chernóbil e Nagasaki".
A estatua pesa 200 kg e mide 7,60 m. O seu nome é 1986 sen título (título escrito na porta da casa).
Controversia
[editar | editar a fonte]O Consello municipal da cidade de Oxford intentou retirar a escultura por razóns de seguridade (e tamén porque se instalara sen permiso para construír), pero permanece no seu lugar grazas ao apoio popular.
