Quellón
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Los Lagos | ||||
Provincia | Provincia de Chiloé | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.244 km² | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Creación | 1905 | ||||
Sitio web | muniquellon.cl |
Quellón é unha comuna da X Rexión dos Lagos de Chile, localizada no extremo sur da Illa Grande de Chiloé. É a comuna máis grande da provincia de Chiloé e a súa capital é a cidade de Quellón.
Actualmente é o principal porto da Illa de Chiloé, sendo a base da súa economía a industria salmoneira e a extracción de produtos do mar. Á cidade de Quellón pode chegarse a través da Estrada Panamericana, que finaliza uns quilómetros despois de pasar a cidade, no balneario Punta de Lapas.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome podería provir da palabra mapudungun külon, que é o nome que recibe o arbusto chamado maqui en español. Outra posibilidade é que proceda dalgunha palabra relacionada con kellun, "axudar" e así, en moitas obras que recollen etimoloxías de topónimos chilenos, indícase que a tradución de Quellón sería "lugar de auxilio".
Xeografía
[editar | editar a fonte]O territorio da comuna está no extremo sur da Illa Grande de Chiloé e abarca arredor dunha terceira parte da superficie insular, aínda que a poboación é escasa, pois a maior parte do terreo está cuberto de bosques moi densos e hai propiedades de gran tamaño, como o Parque Tantauco. Á parte de Quellón, onde residen a maior parte dos habitantes da comuna, atópanse os casaríos de Compu, Huildad, Chadmo, Coínco e Yaldad, como o asentamento de Inío, na desembocadura do río do mesmo nome, na costa sur da illa e sen vías de comunicación terrestre. Ademais pertencen á comuna as illas do grupo Cailín, Cailín, Coldita e Laitec; San Pedro, Guafo e as illas deshabitadas do grupo Esmeralda e do grupo Quilán.
Historia
[editar | editar a fonte]A zona estivo habitada por indíxenas chonos e posteriormente por payos. A finais da época colonial, entregáronse títulos reguengos a varios caciques huilliches que habitaban a zona.
O pobo de Quellón foi fundado en 1905 pola Compañía Destilatoria Quellón, que extraía alcohol da madeira dos extensos bosques existentes na época. Durante moitos anos estivo illado do resto da illa, comunicándose só por vía marítima. Mais desde hai máis de 40 anos quedou conectado co resto de América a través da Estrada Panamericana, transformándose, precisamente, no seu punto máis austral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quellón |