Saltar ao contido

Queixo edam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Queixo edam.

O queixo edam (en neerlandés: Edammer kaas) é un queixo semiduro orixinario dos Países Baixos, e que recibe o seu nome pola vila de Edam na provincia de Holanda Setentrional.[1] O queixo edam véndese tradicionalmente en formato cilíndrico, cun interior de cor amarela pálida e unha envoltura de cera de parafina vermella. Este queixo avellenta e viaxa sen estragarse, xa que que só se pon máis duro. Esta cualidade (entre outras) converteuno no queixo máis popular do mundo entre os séculos XIV e XVIII, tanto no mar como nas colonias máis remotas.[2][3] O principal produtor de queixo edam é a compañía FrieslandCampina de Marum, nos Países Baixos.

  1. Official Edam Town website Tourist information. Consultado o 11 de abril de 2007
  2. Miller, Laurel; Skinner, Thalassa; Tsai, Ming (2012). Culture Magazine, John Wiley & Sons, ed. Cheese For Dummies. pp. 209, 210. ISBN 9781118099391. Consultado o 6 de marzo de 2013. 
  3. History of Edam Cheese Edam.com. Consultado o 11 de abril de 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]