Pütchipü'ü
Un pütchipü'ü ou pütche'ejachi (en wayuu, "mensaxeiro da palabra"; tamén coñecido polo termo en castelán: palabrero) é o elemento central no sistema de xustiza e de administración tradicional do pobo wayuu. O papel dun pütchipü'ü é resolver os conflitos mediante a mediación e a negociación.[1] Isto pode incluír conflitos entre diferentes membros ou clans da comunidade wayuu ou con persoas ou organizacións alleas ao pobo wayuu. Esta negociación inclúe unha indemnización material que deberá aboar a familia agravante ao grupo familiar prexudicado.
En 2010,[2] este sistema de mediación foi recoñecido pola UNESCO como parte das Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.[3] Este sistema de lei indíxena foi recoñecido polos gobernos de Venezuela e Colombia. Os pütchipü'ui están organizados pola Xunta Maior Autonómica de Palabreros.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ They Survived Colonization and War. But Venezuela’s Collapse Was Too Much. New York Times
- ↑ Palabrero: patrimonio inmaterial de la humanidad. (en castelán)
- ↑ The Wayuu normative system, applied by the Pütchipüüi (palabrero). UNESCO
- ↑ ACNUR Colombia apoya proceso de Junta Mayor de Palabreros Wayúu en La Guajira. UNHCR (en castelán)