Puturrú de Fuá
Puturrú de Fuá | |
---|---|
Orixe | Zaragoza, España |
Período | 1985 – presente |
Xénero(s) | Satírico |
Selo(s) discográfico(s) | Fonomusic |
Membros | Francisco Fatás José Gros Juan Manuel Labordeta |
Na rede | |
Puturrú de Fuá é un grupo de música español de ton humorístico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ronsel doutras bandas satíricas como La Trinca, o seu precedente inmediato foi Curroplastic, liderado por Francisco Curro Fatás e cunha estética e estilo que se parecía máis a grupos como La Orquesta Mondragón que a outros humorísticos como La Charanga del Tío Honorio ou Desmadre 75.
En 1978, Fatás ponse en contacto con Pepe Gros e Juanma Labordeta (sobriño de José Antonio Labordeta) e crean Puturrú de Fuá, asinando co selo Fonomusic. Durante os seus primeiros anos, a súa carreira desenvólvese por Aragón. Pero en 1985, publicaron o seu primeiro álbum No es una marca de fuagrás, que acada popularidade en toda España. Co seu seguinte LP, Ni fu ni fuá, convertéronse en asiduos en radio e televisión e as súas pegadizas cancións como "No te olvides la toalla cuando vayas a la playa" ou "Los chicos de Plan" chegan a ser canción do verán.
Nos anos seguintes continuaron editando novos proxectos, se ben de menor repercusión até que en 1994 Pepe Gros abandona o grupo. Tras publicar Finas hierbas, volven reunirse en 1998, con Leo Susana no posto de Juanma Labordeta, e, desde aquelas seguiron gravando e actuando se ben cunha popularidade moito menor que a que alcanzaran a mediados da década de 1980.
Discografía
[editar | editar a fonte]- No es una nueva marca de fuagrás (1985).
- Ni fú ni fuá (1986).
- Menage a truá (1987).
- Úsame y tírame (1990).
- Lo mejor de Puturrú de Fuá (1993).
- Finas hierbas (1996).
- 20 años tiene mi humor (2000).
- Peligroso para la salud (2009).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Varios autores (2000). España: Ediciones Orbis, ed. Pop español. El pop español de la «A» a la «Z». p. 175. ISBN 84-402-2509-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Puturrú de Fuá Arquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. en Gran enciclopedia aragonesa. (en castelán)