Puszta
Aparencia
Puszta (IPA ['pustɒ]) é un termo húngaro utilizado para indicar vastas extensións de chaira esteparia, típicas das terras planas de Hungría, como a puszta de Hortobágy. O territorio da puszta é ermo, inhóspito, unha especie de deserto herboso e en orixe referíase a rexións chairegas da gran chaira húngara (Alföld), habitada por pastores de gado vacún e equino. Unha terra onde a vexetación predominante é de gramíneas, sen árbores e con algúns arbustos illados ou en pequenos grupos.
Este termo deriva dun adxectivo eslavo que significa "baleiro, abatido" e refírese tamén a granxas rodeadas por grandes leiras de campo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parque Nacional Húngaro de Hortobágy - A Puszta Arquivado 28 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.