Pure Guava é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativoWeen, editado o 15 de novembro de 1992 a través do selo Elektra Records. O disco conta coa que talvez sexa a canción máis coñecida de Ween, "Push th' Little Daisies". Este tema foi lanzado como sinxelo a través de August Records en 1993, e nel se incluía tanto a versión do álbum como a versión editada para a radio e as cancións "Ode to Rene", "I Smoke Some Grass (Really Really High)" e "Mango Woman".
Moitas das cancións deste álbum proceden de dúas cintas que a banda fixera para os seus amigos. Como afirmou Dean Ween nunha entrevista na radio en 1993, a primeira chamábase "Springtape" e a segunda "The Caprice Classic Tape". Pure Guava marcou a última vez que Ween gravou en catro pistas ata a aparición de La Cucaracha en 2007.