Psicrómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Psicrómetro de Asmann de circulación forzada.
Psicrómetro xiratorio, tamén chamado de honda ou de eslinga.

Un psicrómetro é un aparello utilizado en meteoroloxía para medir a humidade ou contido de vapor de auga no aire, distinto aos higrómetros correntes. Os psicrómetros constan dun termómetro de bulbo húmido e un termómetro de bulbo seco. A humidade pode medirse a partir da diferenza de temperatura entre ambos aparatos. O húmido medirá unha temperatura inferior producida pola evaporación de auga. É importante para o seu correcto funcionamento que o psicrómetro se instale illado de ventos fortes e da luz solar directa.

Psicrómetro.

O termómetro de bulbo húmido ten o bulbo cuberto por unha malla porosa (xeralmente de algodón), que fica mergullada nun recipiente contendo auga destilada. Esta malla fica constantemente húmida debido ao efecto de capilaridade. A evaporación da auga contida na malla envolvente retira calor do bulbo, facendo que o termómetro de bulbo húmido indique unha temperatura máis baixa do que a doutro termómetro, que indica a temperatura ambiente. Esa evaporación, e consecuentemente a redución na temperatura de bulbo húmido, é tanto maior canto máis seco está o ar atmosférico e é nula cando a atmosfera está saturada de vapor de auga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]