Pseudomuxílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pseudomugilidae»)
Pseudomugil furcatus

Os Pseudomuxílidos (Pseudomugilidae) son unha familia de peixes teleósteos, da orde Ateriniformes (Atheriniformes), propios de auga doce ou salobre, rara vez de augas salgadas. Distribúense por Nova Guinea e as illas inmediatas, Australia setentrional e oriental e partes do leste de Indonesia.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en tres xéneros e 18 especies:

  • Xénero Kiunga (2 especies)
  • Xénero Pseudomugil (a máis representada, con 15 especies)
  • Xénero Scaturiginichthys (1 especie)

Están moi próximos ós Melanotaénidos. ITIS considéraos dentro da familia Bedotiidae [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]