Saltar ao contido

Proteínas do grupo de alta mobilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros usos de HMG ver a páxina de homónimos HMG.

As proteínas do grupo de alta mobilidade ou HMG (do inglés high-mobility group) é un grupo de proteínas cromosómicas que interveñen na regulación de procesos dependentes do ADN como a transcrición, replicación do ADN, recombinación xenética, e reparación do ADN.[1]

Foron illadas orixinalmente de células de mamíferos, e denominadas de acordo á súa mobilidade electroforética en xeles de poliacrilamida.[2]

As proteínas HMG subdivídense en 3 superfamilias, cada unha das cales contén un dominio funcional característico:

As proteínas que conteñen calquera destes motivos incrustados na súa secuencia denomínanse proteínas de motivo HMG.

As proteínas HMG crese que desempeñan un papel significativo en varios trastornos humanos. As alteracións e rearranxos nos xenes que codifican algunhas das proteínas HMG están asociados con algúns tumores benignos. Os anticorpos contra as proteínas HMG poden encontrarse en pacientes de doenzas autoinmunes. O xene SRY situado no cromosoma Y, responsable da diferenciación sexual masculina, contén un dominio de caixa HMG. Un membroi da familia HMG de proteínas é HMGB1, que se observou que ten tamén unha actividade extracelular como quimiocina, que atrae a neutrófilos e células inflamatorias mononucleares ao fígado infectado.[3]

  1. Rajeswari MR, Jain A (2002). "High-mobility-group chromosomal proteins, HMGA1 as potential tumour markers" (PDF). Current Science 82 (7): 838–844. 
  2. Johns EB (1982). The HMG chromosomal proteins. Boston: Academic Press. ISBN 0-12-386050-4. 
  3. Sitia G, Iannacone M, Müller S, Bianchi ME, Guidotti LG (January 2007). "Treatment with HMGB1 inhibitors diminishes CTL-induced liver disease in HBV transgenic mice". J. Leukoc. Biol. 81 (1): 100–7. PMID 16935945. doi:10.1189/jlb.0306173. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]