Promesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A promesa, xuridicamente, é un contrato no cal dúas ou máis persoas obríganse unha á outra a dar, facer ou non facer algo no futuro, o vencemento dun prazo ou o cumprimento dunha condición.

Historicamente discutiuse se a promesa é un contrato autónomo, ou se simplemente é preparatorio do que será un contrato definitivo. Hoxe en día parece claro que a promesa é autónoma, por canto é un contrato con obxectivo propio, e seguirá sendo válido aínda que o contrato futuro non se celebre, dando dereito a indemnización de prexuízos.