Profesor titular de escola universitaria
No sistema universitario español, e até hai poucos anos, un profesor titular de Escola Universitaria era un docente pertencente ao corpo de funcionarios do Estado, que tiña plena autonomía docente e, ademais, se posuía o título de doutor, plena autonomía investigadora.
Segundo a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, coñecida como LOU, que entrou en vigor o 13 de xaneiro de 2002.[1] modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001.[2] pare acceder a unha praza de profesor titular de Escola Universitaria debíase pasar previamente por un proceso de habilitación, un exame a nivel nacional que habilitaba ao candidato a presentarse a prazas de titular a calquera universidade española. A diferenza doutros tipos de profesor universitario, non debía cunprir o requisito de ser doutor.
Na actualidade, despois da reforma universitaria promovida polo Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais para a harmonización dos sistemas universitarios exixida polo proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), este título desapareceu.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 307, de 24 de decembro de 2001,
- ↑ Ley Orgánica 4/2007, de 12 de abril, por la que se modifica la Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 89, do 13 de abril de 2007,
- ↑ Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales. Publicado no BOE Núm. 260, do 30 de outubro de 2007.