Primeiro ministro de Gabón
Primeiro ministro de Gabón Premier ministre du Gabon | |
---|---|
Ámbito | Gabón |
Nomeado por | Presidente de Gabón |
Creación | 17 de agosto de1960 |
Primeiro titular | Léon M'ba |
O primeiro ministro de Gabón é o xefe de goberno de Gabón.[1]
Descrición do cargo
[editar | editar a fonte]O primeiro ministro é nomeado polo presidente da República.[2] O presidente pode cesar o primeiro ministro por iniciativa propia, mediante a dimisión presentada polo propio primeiro ministro, ou despois dunha moción de censura na Asemblea Nacional.[2] O primeiro ministro pode nomear outros membros do goberno e rescindir os seus cargos.[2] O primeiro ministro pode substituír o presidente con autorización expresa e para unha orde do día determinada.[3]
Dentro dos 45 días seguintes ao nomeamento do Consello de Ministros, o primeiro ministro presentará ante a Asemblea Nacional o seu programa político xeral que levará a un debate aberto, seguido dun voto de confianza. Para que dita votación saia adiante precísase maioría absoluta dos membros da Asemblea Nacional.[4]
O primeiro ministro dirixe as accións do goberno e asegura a execución das leis. Segundo as condicións do artigo 20, o primeiro ministro exerce o poder regulador e nomea postos civís e militares do Estado. Pode delegar determinados poderes noutros membros do goberno.[5] A substitución do primeiro ministro está asegurada por un membro do goberno designado por un decreto do presidente da República, segundo a orde de nomeamento do decreto que dispuxo a composición do goberno.[5] O ministro que asume as funcións do primeiro ministro interino invístese temporalmente cos plenos dereitos e poderes do cargo.[5] As accións do primeiro ministro deben ser refrendadas polos membros do goberno encargados da súa execución.[5]
Lista
[editar | editar a fonte]- Lenda
Nº | Foto | Nome | Mandato | Partido | Presidente | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
1 | Léon M'ba (1902–1967) |
17 de agosto de 1960 | 21 de febreiro de 1961 | 188 días | BDG | El mesmo | |
Cargo abolido (21 de febreiro de 1961 - 16 de abril de 1975) | |||||||
2 | Léon Mébiame (1934–2015) |
16 de abril de 1975 | 3 de maio de 1990 | 15 anos e 17 días | PDG | Omar Bongo | |
3 | Casimir Oyé-Mba (1942–2021) | 3 de maio de 1990 | 2 de novembro de 1994 | 4 anos e 183 días | Independente | Omar Bongo | |
4 | Paulin Obame-Nguema (1934–2023) |
2 de novembro de 1994 | 23 de xaneiro de 1999 | 4 anos e 82 días | PDG | Omar Bongo | |
5 | Jean-François Ntoutoume Emane (1939–) |
23 de xaneiro de 1999 | 20 de xaneiro de 2006 | 6 anos e 362 días | PDG | Omar Bongo | |
6 | Jean Eyeghé Ndong (1946–) |
20 de xaneiro de 2006 | 17 de xullo de 2009 | 3 anos e 178 días | PDG | Omar Bongo Divungi Di Ndinge Rogombé | |
7 | Paul Biyoghé Mba (1953–) |
17 de xullo de 2009 | 27 de febreiro de 2012 | 2 anos e 225 días | PDG | Rogombé Ali Bongo Ondimba | |
8 | Raymond Ndong Sima (1955–) |
27 de febreiro de 2012 | 27 de xaneiro de 2014 | 1 ano e 334 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
9 | Daniel Ona Ondo (1945–) |
27 de xaneiro de 2014 | 28 de setembro de 2016 | 2 anos e 245 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
10 | Emmanuel Issoze-Ngondet (1961–2020) |
28 de setembro de 2016 | 12 de xaneiro de 2019[a] | 2 anos e 104 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
11 | Julien Nkoghe Bekale
(1958–) |
12 de xaneiro de 2019 | 16 de xullo de 2020 | 1 ano e 186 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
12 | Rose Christiane Raponda
(1964–) |
16 de xullo de 2020[6] | 9 de xaneiro de 2023 | 2 anos e 177 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
13 | Alain Claude Nze
(1967–) |
9 de xaneiro de 2023 | 30 de agosto de 2023 | 233 días | PDG | Ali Bongo Ondimba | |
(8) | Raymond Ndong Sima (1955–) |
7 de setembro de 2023 | no cargo | 1 ano e 84 días | Independente | Brice Oligui |
- ↑ Substituído como consecuencia do intento de golpe de Estado de 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo 31 da Constitución de 1991.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Artigo 15 da Constitución de 1991.
- ↑ Artigo 22 da Constitución de 1991.
- ↑ Artigo 28a da Constitución de 1991.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Artigo 29 da Constitución de 1991.
- ↑ "Gabon appoints first woman prime minister Ossouka Raponda". Al Jazeera (en inglés). 17 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.