Primeira División de Costa Rica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira División de Costa Rica
Fundación1921
Rexión Costa Rica
Equipos12
Actual campiónLD Alajuelense
(27º título)
Máis laureadoDeportivo Saprissa
(29 títulos)
Sitio webPáxina oficial

A Primeira División de Costa Rica é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Costa Rica, organizada pola Unión de Clubs de Fútbol de la Primeira División. Actualmente recibe o nome de Campionato Progol por razóns de patrocinio.

Varios dos clubs máis importantes do país fundaron en 1921 a Federación Costarriqueña de Fútbol, e nese mesmo ano naceu a Liga de Primeira División. Durante moitos anos o campionato contou tan só con 7 equipos. En 1999 foi refundada a federación, o que provocou tamén trocos na liga, que pasou a estar dividida en dous torneos, de Verán e de Inverno. Os dous equipos gañadores xogaban unha final entre si para determinar cal era o campión desa tempada. Dende 2007 cada tempada ten dous campións, correspondentes a cada torneo.

O actual formato da competición consiste nunha liga de 12 equipos que disputan 22 xornadas en dúas voltas, de xeito que cada equipo enfróntase ós outros 11 na casa e fora. Tralo remate das 22 xornadas, os 4 primeiros equipos da táboa disputan as semifinais e final polo título de campión. Tanto o torneo de Inverno como o de Verán teñen o mesmo funcionamento.

Os dous campións acadan o dereito a participar na seguinte edición da Liga de Campións da Concacaf. No caso de que un mesmo equipo gañe o dous torneos, participará en competicións continentais o equipo subcampión con maior puntuación.

O potencial competitivo da liga costarriqueña de fútbol demóstrase no feito de que os seus equipos acadaron a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf en 6 ocasións, unha cifra superior á acadada polos equipos norteamericanos da MLS, sendo superados tan só polos equipos do campionato mexicano, que acadaron a vitoria final na máxima competición continental 27 veces.

Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Encontro Alajuelense-Saprissa, no Estadio Morera Soto.

Os seguintes 11 equipos competirán polo campionato de Verán 2012. A ausencia dun 12º equipo é debida a razóns económicas, que levaron ó club AD Barrio México a abandonar a competición:

Equipo Cidade Estadio Capacidade
CD Belén Siglo XXI Belén Polideportivo de Belén 3.000
AD San Carlos San Carlos Carlos Ugalde 6.000
CS Cartaginés Cartago Fello Meza 15.000
CS Herediano Heredia Rosabal Cordero 15.010
Dep Saprissa Tibás Ricardo Saprissa 23.000
LD Alajuelense Alajuela Morera Soto 19.000
Limón FC Limón Juan Gobán 4.500
Pérez Zeledón Pérez Zeledón Municipal Otto Ureña 7.000
Orión FC Desamparados San Marcos de Tarrazú 6.000
Puntarenas FC Puntarenas Lito Pérez 4.500
Santos Guapíles Ebal Rodríguez 6.000

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
29 Provincia de San José Dep.Saprissa 1952-53, 1953-54, 1957-58, 1962, 1964-65, 1965-66, 1967-68, 1968-69, 1969, 1972,1973, 1974, 1975-76, 1976, 1977-78, 1982, 1988-89, 1989-90, 1993-94, 1994-95, 1997-98, 1998-99, 2003-04, 2005-06, 2006-07, I-2007, V-2008, I-2008, V-2010
27 Provincia de Alajuela LD Alajuelense 1928, 1939, 1941, 1945, 1949, 1950, 1958, 1959, 1960, 1966, 1970, 1971, 1980, 1983, 1984, 1991, 1992, 1996, 1997, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, I-2010, V-2011, I-2011
21 Provincia de Heredia CS Herediano 1921, 1922, 1924, 1927, 1930, 1931, 1932, 1933, 1935, 1937, 1947, 1948, 1951, 1955, 1961, 1978, 1979, 1981, 1985, 1987, 1993
6 Provincia de San José CS La Libertad 1925, 1926, 1929, 1934, 1942, 1946
3 Provincia de Cartago CS Cartaginés 1923, 1936, 1940
2 Provincia de San José Orión FC 1938, 1944
1 Provincia de Puntarenas Mun.Puntarenas 1986
1 Provincia de San José CS Uruguay 1963
1 Provincia de San José Universidad CR 1943
1 Provincia de Alajuela AD Carmelita 1961
1 Provincia de Guanacaste Liberia Mía V-2009
1 Provincia de San José Brujas FC I-2009

= Equipo desaparecido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]