Presidente da Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O presidente é o xefe de estado da Guinea.

O 23 de decembro de 2008, en virtude da morte do presidente Lansana Conté, suspendeuse a constitución, así como toda actividade política e sindical, en virtude de golpe de estado aplicado por militares e encabezado por Moussa Dadis Camara. En 2009, este sufriu un intento de asasinato que o mandou para o hospital e foi substituído por Sékouba Konaté, quen preparou a celebración das eleccións de 2010. Alpha Condé preside o país tras gañar ditas eleccións e ser reelixido en 2015.

Esta é a lista dos presidentes e xefes de estado da Guinea despois de 1958.

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato Observacións
Ahmed Sékou Touré Sekou Toure usgov-83-08641.jpg 2 de outubro de 1958 26 de marzo de 1984 presidente
Louis Lansana Beavogui Bundesarchiv B 145 Bild-F017682-0016, Bonn, AA, Schröder mit Außenminister von Guinea retouched.jpg 27 de marzo de 1984 3 de abril de 1984 Presidente interino
Lansana Conté Lansana Conte 27 July 2001a.jpg 3 de abril de 1984 5 de abril de 1984 Presidente do Comité Militar de Restauración Nacional
Lansana Conté Lansana Conte 27 July 2001a.jpg 5 de abril de 1984 22 de decembro de 2008 Presidente
Moussa Dadis Camara Dadis Camara portrait.JPG 24 de decembro de 2008 3 de decembro de 2009 Presidente do Consello Nacional da Democracia e do Desenvolvemento
Sékouba Konaté Empty.png 3 de decembro de 2009 21 de decembro de 2010 Presidente interino tras o intento de asasinato de Moussa Dadis Camara
Alpha Condé Alpha Conde - World Economic Forum Annual Meeting 2012.jpg 21 de decembro de 2010 presente Presidente