Preoccupations

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preoccupations
A banda no NOS Primavera Sound 2015 de Porto
OrixeCalgary, Alberta, Canadá
Período2012-presente
Xénero(s)post-punk, art punk, noise rock, indie rock, industrial
Selo(s) discográfico(s)Mexican Summer, Flemish Eye, Jagjaguwar
MembrosMatt Flegel
Mike Wallace
Scott Munro
Daniel Christiansen
Artistas relacionadosWomen, Lab Coast, Chad VanGaalen, Friendo
Na rede
Bandcamp
Facebook: Preoccupationsband Bandcamp: preoccupationsSouncloud: viet-cong Last fm: Preoccupations Musicbrainz: 9ee1988d-66ec-4c29-98d6-876a45e0fcbd Songkick: 8777299 Discogs: 3664488 Allmusic: mn0003266112 Editar o valor em Wikidata

Preoccupations é unha banda canadense de post-punk procedente de Calgary, Alberta, e formada no ano 2012 co nome de Viet Cong. O grupo está composto por Matt Flegel (voces, baixo), Scott Munro (guitarra, sintetizadores), Daniel Christiansen (guitarra) e Mike Wallace (batería). O estilo musical da banda foi descrito como "post-punk labiríntico".[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiro álbum[editar | editar a fonte]

No ano 2010 a banda Women entrou nun hiato indefinido tras unha pelexa no escenario.[2] O guitarrista do grupo, Christopher Reimer, morreu en 2012.[3][4] Tras a morte de Reimer e a disolución de Women o seu exbaixista Matt Flegel decidiu formar un novo grupo co guitarrista Scott Munro (anteriormente en Lab Coast); os dous xiraran recentemente como músicos ao vivo con Chad VanGaalen. Recrutaron ao exbatería de Women Mike Wallace e ao guitarrista Daniel Christiansen (que tocara nunha banda de versións de Black Sabbath xunto con Flegel e Wallace).[5]

O EP de estrea da banda, un casete autoeditado, foi publicado no ano 2013.[5]

A banda actuou no festival SXSW no ano 2014,[6] e despois asinou co selo canadense Flemish Eye.[7] O primeiro casete da banda foi reeditado en vinilo por Mexican Summer o 8 de xullo de 2014.[8]

A banda editou o seu álbum de estrea, Viet Cong, o 20 de xaneiro de 2015 a través dos selos Jagjaguwar e Flemish Eye.[9] O grupo anunciou plans para unha xira por Norteamérica e Europa para promocionar o álbum.[10]

Cambio de nome e Preoccupations[editar | editar a fonte]

Actuando en París en 2015

A banda frecuentemente enfrontouse á controversia debido ao seu nome orixinal, con acusacións tanto de racismo como de apropiación cultural debido á asociación do nome co Viet Cong vietnamita orixinal. En marzo de 2015 tiña que actuar no Oberlin College, pero o concerto foi cancelado debido ao seu "nome ofensivo".[11]

En setembro de 2015 o grupo anunciou que cambiaría o seu nome, publicando na súa páxina de Facebook, "Somos unha banda que quere facer música e tocala para os nosos seguidores. Non estamos aquí para causar dor ou recordarlle á xente atrocidades do pasado".[12] O 29 de marzo de 2016 a revista musical canadense Exclaim! informou que a banda aínda estaba tocando co nome de Viet Cong, e colocou un contador a tempo real na súa páxina que marcaba os "días dende que Viet Cong prometera cambiar o seu nome".[13]

O 21 de abril de 2016 Flegel anunciou nunha entrevista para Pitchfork que a banda pasaría a actuar e gravar baixo o nome "Preoccupations".[14] O seu segundo álbum de estudio, Preoccupations, foi editado xa baixo o seu novo nome o 16 de setembro de 2016.[15]

New Material[editar | editar a fonte]

O 16 de xaneiro de 2018 a banda estreou un novo sinxelo, "Espionage". O seu terceiro álbum de estudio, New Material, foi publicado o día 23 de marzo dese mesmo ano.[16] No mes de setembro Preoccupations anunciou unha xira cos estadounidenses Protomartyr nos meses de novembro e decembro.[17]

A principios do ano 2019 o grupo iniciou unha xira por Europa que os trouxo a Vigo o día 27 de xaneiro, onde tocaron no Radar Estudios coa banda local Kings of the Beach.[18]

O 5 de outubro de 2020 a banda anunciou en Twitter que estaba traballando nun novo álbum.[19] Este cuarto traballo, titulado Arrangements, foi publicado o día 9 de setembro de 2022.[20]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Matt Flegel coa banda en 2014
    Matt Flegel - baixo e voces
  • Mike Wallace – drums
  • Scott "Monty" Munro – guitar, synth
  • Daniel Christiansen – guitar

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Viet Cong 2015 Flemish Eye/Jagjaguwar como Viet Cong
Preoccupations 2016 Flemish Eye/Jagjaguwar
New Material 2018 Flemish Eye/Jagjaguwar
Arrangements 2022 Flemish Eye/Jagjaguwar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Listen to "Bunker Buster" [Rough Mix] by Viet Cong" (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  2. "Women Cancel Tour After Clashing Onstage". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  3. "R.I.P. Christopher Reimer (of Women)". Consequence of Sound (en inglés). 2012-02-22. Consultado o 2019-04-25. 
  4. "R.I.P. Women Guitarist Christopher Reimer". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  5. 5,0 5,1 "Viet Cong". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  6. Garrett, Jonathan (2014-03-15). "SXSW Friday Round-Up: Bully, Happy Diving, Viet Cong, Gang Of Youths". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  7. "Women Offshoot Viet Cong Sign to Flemish Eye". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  8. "Viet Cong Announce "Cassette" EP Reissue, Share "Oxygen Feed"". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  9. "Viet Cong Announce Debut LP, Share "Continental Shelf", Announce Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  10. "Viet Cong share new song “Continental Shelf” — listen". Consequence of Sound (en inglés). 2014-10-15. Consultado o 2019-04-25. 
  11. "Viet Cong Show Canceled Due to "Offensive" Band Name". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-26. 
  12. "Viet Cong Are Changing Their Name". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  13. "Viet Cong Are Still Booking Shows as Viet Cong". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2019-04-26. 
  14. "The Band Formerly Known as Viet Cong Announce New Name". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-26. 
  15. Coughlan, Jamie (2016-09-07). "Preoccupations Share 11 Minute Epic 'Memory' feat. Dan Boeckner Of Wolf Parade". Overblown (en inglés). Consultado o 2019-04-26. [Ligazón morta]
  16. "Preoccupations Announce New Album, Share New Song: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-25. 
  17. "Protomartyr and Preoccupations Announce Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-26. 
  18. "Preoccupations + Kings Of The Beach, Conciertos en Vigo – Ocio en Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-26. 
  19. "Also, we’ll have a new album on the way ASAP! The songs are written and the instrumentals are recorded, me (Monty) and Matt just need to sing on it! Wear your masks and stay safe!!". Twitter. Consultado o 2023-02-22. 
  20. Hussey, Allison; Bloom, Madison (2022-09-09). "9 Albums Out This Week You Should Listen to Now". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]