Os premios da Crítica Cinematográfica (en inglés: Critics' Choice Movie Awards) son uns premios concedidos pola Broadcast Filme Critics Association en recoñecemento da excelencia en logros cinematográficos.
Dende a súa primeira edición, as galas emitíanse na canle VH1, pero no ano 2013 empezaron a emitirse en The CW.[1]
Dende 2006 até 2009, os premios celebráronse na Santa Monica Civic Auditorium. De 2010 a 2012, celebráronse no reformado e histórico Hollywood Palladium. A décimo novena cerimonia realizouse o 16 de xaneiro de 2014, en directo dende Barker Hangar en Santa Monica, California.[2][3][4]