Os premios concedéronse a proxectos e iniciativas que destacasen ese ano polo seu labor nese campo da promoción, recuperación ou rehabilitación do patrimonio, ou en recoñecemento a proxectos continuados ao longo de varios anos. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio. Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria, e cando se recuperou en 2010 como Premios da Cultura Galega non existía unha categoría que equivalese a esta.