Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras
Aparencia
O Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras premia ideas e campañas para fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Convócao o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Conta con dúas modalidades: campaña normalizadora e idea para a promoción do galego. En 2018 chegou á súa XV edición.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chega a décimo quinta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras". CTNL. 24 de abril de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|