Praza do Inferniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A praza do Inferniño é unha parte do ensanche A, situada en Ferrol, onde antigamente estaba o Estadio Manuel Rivera, do Racing de Ferrol.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a demolición do estadio a finais do século XX, logo da construción do estadio da Malata, decidiuse urbanizar a praza do Inferniño, crear o centro comercial Portanova e o centro cultural Carvalho Calero. A construción rematouse en 1994 e consta de zona deportiva e zona de lecer e parque infantil con bambáns, escorregadoiros e outras actividades. Anteriormente tamén tiña un quiosco da música que se eliminou para gañar espazo. Na actualidade[cando?] utilízase como zona de concertos e diversas actividades deportivas. Consta dunha pista de baloncesto mini, outra de baloncesto adulto e unha pista de fútbol sete. No parque hai unha gran variedade de árbores (cerdeiras palmeiras etc.). No centro comercial Portanova hai un supermercado e tendas diversas.