Praias de El Sardinero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeira praia de El Sardinero

As praias de El Sardinero son dúas praias da cidade de Santander, en Cantabria, situadas no barrio de El Sardinero.

Son dúas praias distintas aínda que están seguidas na liña de costa e cando baixa a marea únense. Reciben o nome de Primeira e Segunda praia de El Sardinero.

No pasado, unha das praias era utilizada polas clases medias e baixas e a outra era usada polas clases altas santanderinas, polo que había unha diferenzación social entre ambas. Hoxe en día ambas as praias son moi familiares e moi concorridas durante o verán, xa que son as máis extensas coas que conta a cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]