Praia de Santo Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia de Santo Antón coas praias de Eirón, Bimbieiro e Arxúa ó fondo

A praia de Santo Antón ou praia de San Antón é un dos areais que forman parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñes de Ortigueira.

É unha praia aberta cuns 450m de lonxitude e 30m de anchura. Ten concedida a bandeira Azul e dispón de servizos, tales como acceso a minusválidos, vixilancia, posto da Cruz Vermella, duchas, miradoiro etc.

O seu nome venlle dado pola proximidade da capela de Santo Antón, que se levanta por riba dela. A súa situación, a carón da vila de Espasante faina ben concorrida durante os meses do verán. Coas grandes baixantes da marea é posible pasar a pé cara a praia do Eirón, na veciña parroquia de Céltigos, da que a separa un promontorio rochoso.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]