Praia de Rodiles
Praia de Rodiles | |
---|---|
Praia de Rodiles | |
Coordenadas: 43°31′57″N 5°22′57″O / 43.532527, -5.38244 | |
Características xerais | |
Localización | Villaviciosa, Asturias |
Lonxitude | 1000 m |
Largo medio | 295 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Semiurbana |
Paseo marítimo | Si |
Características específicas | |
Tipo de area | Dourada |
Condicións do baño | |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Con coche |
Sinalización do acceso |
A praia de Rodiles é unha praia do litoral oriental de Asturias pertencente ao concello de Villaviciosa e forma parte Reserva Natural Parcial da Ría de Villaviciosa. Atópase na marxe oriental da desembocadura da ría de Villaviciosa. O extremo occidental da praia comunica coa praia de Misiego, situada no delta da ría. No outro lado da desembocadura está a praia de El Puntal.
Rodiles conta con varios servizos, como aseos, aparcadoiro, duchas, teléfono, papeleiras, servizo de limpeza, pasarelas de acceso e servizo de salvamento. É unha praia apta para a práctica de varios deportes, principalmente o surf.[1] Conta tamén cun amplo merendeiro.
Rodiles é un tramo do litoral da Costa do Xurásico Asturiana, área de grande interese arqueolóxico por mor do achado de numerosos xacementos do período xurásico formados por rochas nas que se atopan impresas pegadas de dinosauros.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Playa de Rodiles". surfglassy.com. Archived from the original on 12 de abril de 2008. Consultado o 18 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Rodiles |