Saltar ao contido

Porto da Baía de Alxeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Porto de Alxeciras»)
Porto da Baía de Alxeciras

O porto da baía de Alxeciras, tamén coñecido como porto de Alxeciras, é un porto comercial, pesqueiro e de pasaxeiros situado na baía de Alxeciras, no sur de Andalucía. Componse de numerosas infraestruturas marítimas diseminadas ao longo de toda a baía. Aínda que só as zonas urbanas de Alxeciras e La Línea de la Concepción se asoman á baía, existen tamén instalacións portuarias no resto da ribeira, pertencente tamén aos municipios de Los Barrios e San Roque. É xestionado pola Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras xunto ao porto de Tarifa, os dous pertencentes á provincia marítima de Alxeciras.

É o primeiro porto de España en tráfico total de mercadorías e o segundo do mar Mediterráneo,[1] e en 2004 foi o 25º do mundo en transporte de colectores, colocándose no 2011 como o 2ª máis grande de Europa en volume de mercadorías e contedores.[2] En 2010 superou os 70 millóns de toneladas en tráfico total e máis de 2,8 millóns de contedores.[3] Totaliza máis de 10 km de peiraos nas súas diferentes dársenas, que xestionan todo tipo de tráfico de pasaxeiros e mercadorías.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]