Portal:Música rock/Artigo destacado/xuño 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auf der Maur ao vivo en 2010.

Melissa Auf der Maur é unha baixista, guitarrista, cantante e fotógrafa canadense que nos anos 90 tocou nos grupos de rock alternativo Tinker, Hole e The Smashing Pumpkins antes de iniciar unha carreira en solitario. No ano 2004 editou o seu primeiro traballo en solitario, Auf der Maur, e posteriormente, en 2010 apareceu o seu segundo álbum, Out of Our Minds. No presente dirixe xunto co seu marido, o director de cine independente Tony Stone, o centro cultural Basilica Hudson, onde se realizan diversas actividades artísticas e concertos.