Portal:Música rock/Artigo destacado/abril 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A banda ao vivo en 2009.

...And You Will Know Us by the Trail of Dead é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Austin, Texas. Os seus membros principais son Jason Reece e Conrad Keely. Os dous cambian entre a batería, as voces e as guitarras tanto nas gravacións como nos concertos. O grupo é coñecido polos seus vivos salvaxes e enérxicos, esnaquizando acotío os seus instrumentos ao final destes.