Portal:Música rock/Artigo destacado/abril 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mudhoney na sala Capitol de Santiago de Compostela.

Mudhoney é unha banda pioneira do movemento grunge formada na cidade de Seattle despois da disolución de Green River, grupo no que estaban Stone Gossard e Jeff Ament (que formarían parte de Pearl Jam posteriormente), e Steve Turner e Mark Arm, os cales formaron Mudhoney xunto ao batería Dan Peters e ao baixista Matt Lukin no ano 1988. Lukin deixaría o grupo en 1999 sendo substituído por Guy Maddison.