Portal:Historia/Sobre Galicia/abril 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un dos exiliados galegos de máis sona.

O Exilio galego de 1936 está formado polo conxunto de cidadáns galegos que tiveron que abandonar o país no período comprendido entre o inicio da Guerra civil española (1936-1939) e a inmediata posguerra, ante o perigo de represalias pola súa significación política na II República, especialmente en movementos de esquerdas ou galeguista. Ata o 2001 había censados 2.141 exiliados galegos. A maioría dos exiliados procedían do territorio republicano, xa que a situación xeográfica no momento de Galiza, limitando ao norte e oeste co Océano Atlántico, ao sur co Portugal Salazarista e ao leste temporalmente con territorio leal á II República, antes do avance das tropas nacionais en Asturias, dificultaba a fuxida.