Portal:Hóckey a patíns/Sobre o hóckey a patíns/xullo 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cuadraxésimo sétima edición da Copa de Europa de hóckey a patíns masculina (denominada Liga Europea dende a tempada 2007-08) comezou o 19 de novembro do 2011 coa primeira xornada da fase de grupos e finalizou o 27 de maio do 2012 coa disputa da final. Nesta edición proclamouse campión o HC Liceo da Coruña tras derrotar por 4 goles a 2 ao FC Barcelona na final disputada na cidade italiana de Lodi, conseguindo así o equipo galego o seu sexto título da máxima competición continental e revalidando o título conseguido a tempada anterior.

Nesta edición participaron un total de 16 equipos do Estado español, Portugal, Italia, Francia, Alemaña e Suíza. A competición dividiuse en dúas fases: unha primeira fase de grupos e unha final eight (final a oito).