Portal:Hóckey a patíns/Sobre o hóckey a patíns/abril 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hockey Club Liceo (coñecido por motivos de patrocinio como Coinasa Liceo), é un equipo de hóckey a patíns da cidade da Coruña (Galiza) fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e que na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 38 títulos (16 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). É un dos equipos máis laureados internacionalmente, só superado polo FC Barcelona.

As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, o seu presidente é Eduardo Lamas e actualmente é dirixido polo arxentino Carlos Gil.