Saltar ao contido

Portal:Grecia antiga/Artigo destacado/5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lar de bronce do século I.

A civilización minoica desenvolveuse na illa de Creta (actual Grecia) ó longo da primeira metade do segundo milenio antes de Cristo. Os minoicos eran unha cultura prehelénica anterior ás culturas heládica ou micénica. Sorprende polas súas realizacións en case tódolos aspectos, a pesar da illa dispor de recursos escasos.

A importante artesanía cretense contribuíu ó incremento da riqueza e do comercio con Exipto. O goberno -forte e centralizado- convértese no centro da vida cretense. Os palacios son residencia de gobernantes e funcionarios, centros relixiosos de culto e ata centros de distribucións de mercadorías.

Ata o de agora atopáronse catro palacios na illa: Cnosos, Festos, Malia e Kato Zakro. As comodidades e os luxos que reflicten as escavacións arqueolóxicas revelan unha forma de vida refinada e de alto nivel, entregada ó ocio e ás diversións, o que nos indica que o conxunto da estrutura social funcionaba de bo xeito.