Portal:Celtas/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carnyx foi un instrumento de vento da Idade de Ferro Celta, entre os anos -300 e o 500. Era unha especie de trompeta de bronce, suspendida verticalmente e coa campá en forma de cabeza de xabaril. Empregouse na guerra, probablemente para incitar as tropas á batalla e intimidar ós inimigos. O porte vertical do instrumento permitía que as súas notas se elevasen por riba das cabezas dos participantes nas batallas e cerimonias.

A palabra "carnyx" deriva da raíz gala "carn-" ou "cern-", que significa "corno", e da mesma raíz tamén provén o nome do deus Cernunnos. Este é o nome que os romanos lle deron ó instrumento. O nome celta orixinal é descoñecido. Incluso baixo tortura, os intérpretes do Carnyx non quixeron revelar o nome celta do instrumento ós romanos. O musicólogo galego Abraham Cupeiro reconstruíu un carnyx guiándose pola imaxe dunha moeda romana e xunto con outros instrumentos ancestrais, e no 2017, lanzou con Warner Classics un disco coa Real Filharmonía de Galicia, Os sons esquecidos.