Portal:Bután/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gho ou g'ô (en dzongkha: བགོ; ɡ̊hoː˨) é o traxe tradicional e nacional dos homes de Bután. Introducido no século XVII por Ngawang Namgyal, primeiro Zhabdrung Rinpoche, para darlle ó pobo ngalop unha identidade distintiva, é un traxe longo até o xeonllo atado por un cinto de tela coñecido como kera (en dzongkha: སྐེད་རགས་). En ocasións especiais, é vestido cun kabney.

O goberno de Bután require que tódolos homes leven o gho se traballan nunha oficina do goberno ou nun colexio. Os homes tamén teñen que levar o gho en ocasións formais. Na súa forma moderna, a lei data de 1989, pero o código de vestimenta driglam namzha é moito máis antigo.