Porta tallada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°13′43″N 6°02′18″L / 47.2286, 6.03839

Vista de Porte taillée de Besançon

A Porta tallada (en francés, Porte taillée) é unha obra militar de orixe romana situada no centro histórico da cidade francesa de Besançon. Trátase dun túnel romano construído como paso para un acueduto.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta obra de enxeñaría foi construída na Cidadela de Besanzón (Besançon, Francia), no sector de Rivotte á beira de La Boucle, no centro histórico da cidade. Foi levantada no século II, a finais do imperio do emperador Marco Aurelio, como parte dun acueduto de 12 km. para proporcionar auga á antiga Vesontio desde as fontes de Arcier, terminando nunha piscina de 5 m² no actual Parque Castan. As dimensións do túnel son de 1,55 m de altura por 0,75 m de anchura, penetrando na cidade a través dunha abertura escavada na roca, que formará máis tarde Porte taillée.

Na Idade Media foi fortificado para protexer o camiño cara a Suíza.[1] No século XVI, Vauban modificou a súa estrutura engadindo un corpo de garda e un torreón, edificados en 1546.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hector Tonon, Jean-François Culot, Marie-Édith Henckel, Annie Mathieu, Jacques Mathieu, Georges Bidalot, Jacqueline Bévalot, Paul Broquet, Jean-Claude Monti, Anne Porro, Jacques Breton, Jean-Claude Grappin, Pierre-Louis Bréchat, Yves Mercier et Pierre Riobé, Mémoires de Bregille, Besançon, 2009 (2ª ed), p. 38 ISBN 978-2-87823-196.